O comedor Estoril e unha nova liña que transmite a esencia do moble, o seu valor no cotián, no día a día, a súa importancia no noso fogar, esencia atemporal que nos envolve en matices aprendidos ao longo da experiencia pero que á vez chega cunha frescura actual.
A nova liña inspírase no equilibrio das formas, liñas que abrazan o valor do moble de sempre en autentica madeira con estilo totalmente contemporáneo.
DESCUBRIR + VER + TOCAR + PROBAR =
Queremos coñecer os teus gustos e saber que necesitas para amoblar a túa nova vida.
Visítanos en calquera das nosas 16 tendas para poder ver, tocar e descubrir un universo de variedade.