A madeira é un material nobre e vivo que segue reaccionando aos diferentes axentes externos, como a luz, a humidade,... Os mobles de madeira non requiren moitos coidados, aínda que a continuación explicámoste unha serie de consellos ou coidados que debes seguir para manter os teus mobles de madeira no mesmo estado nos que os compraches.
Ten en conta que os raios de sol son os grandes inimigos de todos os teus mobles, xa que fan que perda a súa cor orixinal, por iso tenta protexer aos teus mobles da luz.
A humidade tamén dana aos teus mobles, polo que mantén o teu fogar co grao adecuado de humidade, para non provocar dano nos vernices ou lacas, ou que se manifesten agretamentos. O exceso de humidade pode levar tamén a que aparezan manchas nos teus mobles.
O mantemento diario dun moble lacado ou vernizado é moi sinxelo, basta con pasar un trapo moi suave, para eliminar o po.
Debes coidar os teus mobles para evitar manchas máis difíciles, pero se nalgún momento aparecen nos teus mobles, manchas de graxa ou pegadas de dedos, para quitalas débese limpar a superficie cun pano moi suave, humedecido nunha solución de xabón neutro; inmediatamente despois, debes secar moi ben o teu moble con pano seco, limpo e moi suave; é fundamental, secar ben inmediatamente xa que como comentamos a humidade e o auga non son amigos dos mobles.
Se segues estes pequenos consellos poderás evitar que se deterioren e que manteñan a cor igual que o día que os compraches, o que dotará ao teu fogar dunha calidez e beleza que non che proporcionan outro tipo de mobles fabricados con outros materiais, que non son tan nobres.
DESCUBRIR + VER + TOCAR + PROBAR =
O concurso, que responde a unha dinámica proactiva fronte á pandemia, foi realizado para agradecer aos clientes a súa fidelidade a Mobelrias a pesar da situación que nos tocou vivir a nivel económico e sanitario.
Durante as últimas semanas confinados no noso fogar sentimos a necesidade de reinventar a nosa vida interior.
En Mobelrias a saúde e seguridade é unha prioridade, por iso traballamos coas autoridades sanitarias para estar preparados para a nova etapa de desescalada e recuperar con responsabilidade a ansiada normalidade.
A pesar do incremento da compra online de mobles as tendas físicas seguen sendo o punto principal de venda debido á experiencia que ofrece o punto físico.