Mobelrias fixoo entrega do coche ao gañador do seu concurso

O premio, un fabuloso coche, recaiú en D. Francisco  J. Presedo Manteiga que realizou as súas compras en Mobelrias  Jogafan.

Mobelrias entregou o pasado 12 de xaneiro ás 12 horas en Mobelrias Jogafan o fabuloso coche ao gañador do concurso “cochemobelrias”.

O sorteo, realizado o pasado 23 de decembro ante notario, resultou gañador o cliente de  Mobelrias D. Francisco  J. Presedo  Manteiga que realizou as súas compras na tenda de  Mobelrias Jogafan en Ordes.

O concurso, que responde a unha dinámica proactiva fronte á pandemia, foi realizado para agradecer aos clientes a súa fidelidade a Mobelrias a pesar da  situación que nos tocou vivir a nivel económico e sanitario.

A  dinámica do concurso foi sinxela: achegándose a unha das 16 tendas Mobelrias de Galicia e por cada 300 euros de compra entregábaselle ao cliente un boleto para a súa participación no sorteo. O segundo paso era rexistrarse nunha plataforma dixital cos seus datos e esperar ao sorteo que se realizou ante notario o pasado 23 de decembro.

Durante os últimos meses do ano produxeronse máis de 7.000 rexistros de clientes entre os que se atopaba o gañador D. Franciso J. Presedo Manteiga.

Mobelrias é unha asociación de tendas de mobles con máis de 30 anos de historia, as mellores tendas de cada localidade, con máis de 40.000 metros cadrados destinados á decoración e mobles para axudarche a ter unha NOVA vida ben amoblada.

Enlace á acta notarial

DESCUBRIR + VER + TOCAR + PROBAR =

Mobelrias

Outras ideas que te poden interesar...