En Mobelrias a saúde e seguridade dos nosos clientes, traballadores, provedores e da comunidade en xeral é unha prioridade.
Coa propagación da pandemia do COVID-19 e a súa evolución traballamos coas autoridades sanitarias para estar preparados para a nova etapa de desescalada e recuperar con responsabilidade a ansiada normalidade.
Nestes momentos e debido á situación de excepcionalidade que estamos a vivir no país en todas as tendas Mobelrias adoptaremos as medidas e recomendacións da autoridade sanitaria da Xunta de Galicia.
As recomendacións de protección nas actividades comerciais que levarán a cabo as tendas da cadea Mobelrias con obxecto de protexer a clientes e traballadores serán as seguintes:
1. Practicar unha boa hixiene coa localización de xeles limpadores hidroalcohólicos en todas as tendas Mobelrias. Ademais evitarase dar a man como saúdo e a utilización doutro sistema que non xeren un contacto físico.
2. Lavar as mans con xabón ou xel hidroalcholico se fose posible na entrada das tendas.
3. Recoméndase o uso de tarxeta de crédito ou móbil para o pago das compras realizadas para evitar o manipulado do diñeiro físico e en efectivo.
4. Desinfectaremos a miúdo obxectos e superficies como tiradores das portas, mesas, escritorios dos nosos establecementos comerciais.
5. Se ventilará regularmente abrindo as xanelas ou axustando o aire acondicionado das tendas Mobelrias como recomendan as autoridades sanitarias.
6. Nas tendas Mobelrias evitaremos as aglomeracións e utilizaremos a reserva de cita para diminuír o fluxo de clientes.
Desde Mobelrias apelamos á responsabilidade xeral e ao cumprimento da normas das autoridades sanitarias e traballando xuntos recuperaremos a normalidade .
#atuanovavidabenamoblada
DESCUBRIR + VER + TOCAR + PROBAR =
O concurso, que responde a unha dinámica proactiva fronte á pandemia, foi realizado para agradecer aos clientes a súa fidelidade a Mobelrias a pesar da situación que nos tocou vivir a nivel económico e sanitario.
Durante as últimas semanas confinados no noso fogar sentimos a necesidade de reinventar a nosa vida interior.
Os mobles de madeira non requiren moitos coidados, aínda que a continuación explicámoste unha serie de consellos que debes seguir para manter os teus mobles de madeira no mesmo estado no que os compraches.
A pesar do incremento da compra online de mobles as tendas físicas seguen sendo o punto principal de venda debido á experiencia que ofrece o punto físico.