Durante as últimas semanas confinados no noso fogar sentimos a necesidade de reinventar a nosa vida interior.
A nosa vida viuse alterada por unha pandemia provocada por un descoñecido visitante ao que todos chaman COVID-19.
Durante estes días necesitamos imperiosamente reestruturar o noso espazo, todos buscamos un recuncho, un oco para redecorar a nosa vida interior, optimizar os nosos espazos no fogar e converter o estudo nun improvisado ximnasio, a cociña nunha biblioteca e o salón adquiriu o cheiro dunha oficina de traballo.
Algúns colocamos unha mesa o máis próxima posible á xanela máis alta da casa para soñar que voábamos sobre a cidade.
É evidente que todos pensamos nalgún momento nas últimas semanas en redecorar nosa vida interior e concluímos na necesidade de rentabilizar e optimizar os espazos da nosa vivenda e démonos conta de que o fogar supón moito máis do que pensamos porque o cotián nubrara a nosa mente.
Esta redescuberta levounos a considerar que o noso fogar é o noso paraíso particular, o noso refuxio interior e o caparazón que nos protexe do mundo exterior convertendo este espazo no noso mundo privado e o da nosa familia.
Esta nosa idea de fogar rexurdido serviu para iniciar unha nova vida interior que comece coa redecoración da nosa casa tras o obrigado confinamento.
Tamén sentimos a necesidade dunha nova e grande mesa de comedor coas súas cadeiras para albergar unha comida con amigos despóis de ver deteriora a nosa vida social debido ás esixencias dun guión inesperado.
Durante o confinamento démonos conta de cuán importante é un bo sofá para descansar dos avatares da vida.
Comprar novos mobles infantís para decorar unha estancia que se converte nunha sala de xogos , un novo dormitorio de matrimonio ou transformar unha pequena estancia nun espectacular vestidor.
En definitiva, iniciamos unha nova vida interior e comprace acompañala con novos mobles e novas sensacións.
Todo depende de cada individuo pero en MOBELRIAS gústanos coñecer ao detalle os gustos de cada persoa por que o noso obxectivo final é a satisfacción total do cliente.
Esta é a procura final do os asesores de Mobelrias cando realizan un proxecto decoración para a túa nova vida interior.
Desde Mobelrias agardámoste para redecorar o teu fogar, non dubides en solicitar unha cita para personalizar o teu proxecto de vida interior.
DESCUBRIR + VER + TOCAR + PROBAR =
O concurso, que responde a unha dinámica proactiva fronte á pandemia, foi realizado para agradecer aos clientes a súa fidelidade a Mobelrias a pesar da situación que nos tocou vivir a nivel económico e sanitario.
En Mobelrias a saúde e seguridade é unha prioridade, por iso traballamos coas autoridades sanitarias para estar preparados para a nova etapa de desescalada e recuperar con responsabilidade a ansiada normalidade.
Os mobles de madeira non requiren moitos coidados, aínda que a continuación explicámoste unha serie de consellos que debes seguir para manter os teus mobles de madeira no mesmo estado no que os compraches.
A pesar do incremento da compra online de mobles as tendas físicas seguen sendo o punto principal de venda debido á experiencia que ofrece o punto físico.