A venda “ online” de mobiliario e decoración crece cada ano e xa é imparable pero algúns consumidores desconfían antes de atreverse a dar o paso para iso, a compra online compleméntase coa visita á tenda física para poder “tocar madeira” e todo parece indicar que está situación prolongarase no tempo.
A pesar o incremento das compras online as tendas físicas seguen sendo o punto principal de venda debido á experiencia na compra que ofrece o punto físico, así como aspectos relacionados co comprador e a súa contorna socioeconómica.
O cliente aínda se resiste á compra online dos seus mobles por razóns de seguridade, garantía, trato persoal, custo de transporte, devolución e a tanxibilidade do produto; características da compra na tenda física que xeran unhas expectativas no consumidor que aínda non pode ofrecer o mundo dixital no sector do moble.
Ninguén dubida a esta alturas que a compra de mobles “ online” crece día tras día e que a oferta é cada vez máis grande na rede. O obxectivo agora non é só vender senón tamén asesorar e inspirar ao cliente. Os xigantes do sector do moble xa caeron na redes da venda “ online” e produciuse un incremento de transaccións durante o último ano (incrementouse nun 35% cun volume de negocio de 26 millóns de euros), pero a pesar de todo no sector do moble as tendas físicas seguen sendo o principal punto de venda e manteranse .
Por que esta elección?
En primeiro lugar, nas tendas físicas teñen a posibilidade de ver en persoa e tocar o produto que queremos comprar. Permítenos comprobar se está en bo estado e facernos unha idea máis real de como é o produto. Neste sentido, ao comprar por Internet ninguén nos pode asegurar de que a nosa compra vai chegar sen ningún tipo de rotura ou malformación. Na tenda física temos unha idea máis certeira de que é o que estamos a comprar e, ademais, asegurámonos de que queda stock. Non é a primeira vez que unha persoa inclúe un obxecto no carriño da compra da páxina web e cando vai dar a confirmar avísanlle que ese produto acábase de esgotar.
Doutra banda, os clientes benefícianse dun mellor servizo de post-venda. Ao estar en contacto directo co especialista da tenda desde o primeiro momento, é máis fácil e seguro facilitar datos persoais á hora de realizar a compra. Esa persoa encargarase de contactar co cliente para saber como está a ser a súa experiencia co produto comprado. Ademais, se o cliente ten algunha dúbida ou problema pasados os días, poderá acudir de novo á tenda física e resolver a situación en cuestión de minutos.
Comprar en tenda física é unha garantía en si mesma. Sabemos que é o que estamos a comprar, quen nos atenda e cantos anos de garantía ten o produto. Informámonos ben antes de investir.
Outra das vantaxes das compras físicas é que os clientes son asesorados por un grupo de profesionais. Indicaranlles as diferenzas entre uns modelos ou outros e que produto cubrirá mellor as súas necesidades facilitaralles tamén o traslado do moble e facer unha composición personalizada de como quedaría e moble no espazo específico onde o situaremos.
En canto ao pago do produto, aínda que a seguridade nos pagos online mellorou moito, este segue sendo un dos principais motivos de rexeitamento das compras online. En moitas casos ademais, o acceso a tarxetas de crédito está moi restrinxido, co que os compradores deben acudir á tenda para pagar en efectivo (é habitual nestes casos tamén a opción de compra online e pago en efectivo á entrega). Adicionalmente, a tenda adoita ofrecer maior facilidade no uso de distintos métodos de pago e financiamento.
Sen dúbida, o comercio electrónico é un progreso e unha forma de compra eficiente e sinxela, pero as tendas físicas continúan e seguirán sendo a opción máis segura e fiable no mundo do moble.
DESCUBRIR + VER + TOCAR + PROBAR =
O concurso, que responde a unha dinámica proactiva fronte á pandemia, foi realizado para agradecer aos clientes a súa fidelidade a Mobelrias a pesar da situación que nos tocou vivir a nivel económico e sanitario.
Durante as últimas semanas confinados no noso fogar sentimos a necesidade de reinventar a nosa vida interior.
En Mobelrias a saúde e seguridade é unha prioridade, por iso traballamos coas autoridades sanitarias para estar preparados para a nova etapa de desescalada e recuperar con responsabilidade a ansiada normalidade.
Os mobles de madeira non requiren moitos coidados, aínda que a continuación explicámoste unha serie de consellos que debes seguir para manter os teus mobles de madeira no mesmo estado no que os compraches.